Favorecer as relacións interpersoais mediante unha convivencia positiva, flexible, amable e enriquecedora.
Facer que o espírito de colaboración e cooperación sexan a ferramenta básica de convivencia entre as persoas da sociedade.
Fomentar o intercambio entre xeracións e o apoio mutuo na cobertura das súas necesidades.
Favorecer a autonomía e a convivencia colaborativa na nosa contorna.
Promover o deseño e a autoxestión dun espazo habitacional específico (accesible, ecolóxico e sostible) que combine espazos privados e convivencia que estean abertos á comunidade.
Prestar os servizos necesarios para o mantemento dunha boa calidade de vida das persoas asociadas en función das súas necesidades
Fomentar o modelo de cesión do uso en Cangas e Galicia, aportando o noso gran na loita contra a especulación inmobliaria.
Qué é a cesión de uso?
Existen diferentes modelos de vivenda colaborativa, e no LAGHAR apostamos pola cesión de uso. Este concepto relativamente novo é unha alternativa á propiedade privada e ao alugueiro:
A Cooperativa é a propietaria de todos os bens inmobles, e tamén a que decide en asemblea o camiño a seguir, regulando o uso dos espazos comúns e coidando á súa vez de que toda instalación permaneza en óptimas condicións de habitabilidade. Baséase nunha achega inicial e unha aportación mensual para os gastos da cooperativa derivados do modelo habitacional. No caso de querer renunciar no futuro, permite recuperar o capital achegado inicialmente, cedendo o seu anterior espazo a unha nova persoa socia interesada.