A vivenda colaborativa, também conocido como Cohousing, é unha forma de habitar baseada na creación de comunidades intencionais onde as persoas viven en vivendas privadas pero comparten espazos e servizos comúns. Este modelo naceu en Dinamarca nos anos 60 e desde
entón expandiuse por todo o mundo, incluíndo España e Galicia.
A veciñanza comparte espazos e recursos comúns, promovendo a convivencia, a sustentabilidade e a colaboración. Este modelo facilita o acceso á vivenda confrontando directamente coa especulación urbanística empregando como ferramenta principal a cesión de uso.
Características principais da vivenda colaborativa:
● Vivendas privadas independentes: Cada unidade familiar ou individual ten a súa propia vivenda completa con baño, cociña e dormitorios.
● Espazos comúns compartidos: Áreas como cociña comunitaria, comedor, lavandería, oficinas de traballo compartido (coworking), hortas urbanas, salas de actividades e zonas de lecer.
● Autoxestión e participación: A comunidade toma decisións de xeito democrático e en asamblea sobre a xestión dos espazos, servizos e actividades.
● Sostibilidade: Moitos proxectos de cohousing priorizan a eficiencia enerxética, o uso de materiais sostibles e a redución da pegada ecolóxica.
● Convivencia interxeracional: Algúns proxectos combinan persoas de diferentes idades, mentres que outros se especializan en cohousing para maiores (senior cohousing).
● Redución de custos: Compartir espazos e servizos reduce os custos individuais en mantemento, enerxía e equipamentos.
● Apoio mutuo: A comunidade proporciona unha rede de apoio emocional e práctico, especialmente útil para familias, persoas maiores ou en situacións de necesidade.
● Sostibilidade ambiental: Menor pegada ecolóxica grazas ao uso compartido de recursos e á implementación de prácticas ecolóxicas.
● Vida social activa: Actividades compartidas, comidas comunitarias e espazos de encontro fomentan as relacións sociais e combaten o illamento.
● Autonomía e control: As persoas residentes teñen voz nas decisións que afectan á súa vivenda e comunidade.