A vivenda colaborativa é un modelo habitacional basado na comunidade.
Para a xestión deste modelo é preciso formar unha cooperativa que se organice para deseñar, financiar, construír e xestionar conxuntamente a comunidade.
A veciñanza comparte espazos e recursos comúns, promovendo a convivencia, a sustentabilidade e a colaboración. Este modelo facilita o acceso á vivenda confrontando directamente coa especulación urbanística empregando como ferramenta principal a cesión de uso.
Qué é a cesión de uso?
Existen diferentes modelos de vivenda colaborativa, e no LAGHAR apostamos pola cesión de uso. Este concepto relativamente novo é unha alternativa á propiedade privada e ao alugueiro:
A Cooperativa é a propietaria de todos os bens inmobles, e tamén a que decide en asemblea o camiño a seguir, regulando o uso dos espazos comúns e coidando á súa vez de que toda instalación permaneza en óptimas condicións de habitabilidade.
Baséase nunha achega inicial e unha aportación mensual para os gastos da cooperativa derivados do modelo habitacional.
No caso de querer renunciar no futuro, permite recuperar o capital achegado inicialmente, cedendo o seu anterior espazo a unha nova persoa socia interesada.
Favorecer a autonomía e a convivencia colaborativa na nosa contorna (comarca do Morrazo)
Promover o deseño e a autoxestión dun espazo habitacional específico (accesible, ecolóxico e sostible) que combine espazos privados e convivencia que estean abertos á comunidade.
Prestar os servizos necesarios para o mantemento dunha boa calidade de vida das persoas asociadas en función das súas necesidades
Aportar o noso gran na loita contra a especulación inmobliaria